Scripts de configuración da sesión

De Deseño, implantación e configuración dun dominio/rede Linux.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Os scripts de inicio de sesión predefinidos permiten configurar o contorno e personalizalo para os distintos usuarios:

  • /etc/profile: Común para todos os usuarios, é executado cada vez que entramos no sistema.
  • /etc/bashrc: De funcionamento similar ó anterior, inicia funcións propias do bash.
  • $HOME/.bashrc: Persoal para cada usuario, execútase cada vez que se entra no sistema ou se abre unha nova sesión.
  • $HOME/.bash_profile: Persoal para cada usuario, execútase cada vez que se entra no sistema.