Instalación e configuración do servidor de NIS en Ubuntu

De Deseño, implantación e configuración dun dominio/rede Linux.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Instalación dos paquetes necesarios

  • Instalamos o paquete nis usando o xestor de paquetes synaptic:

Instalacion nis ubuntu.jpg

  • Na mesma instalación do paquete arrancará un asistente que nos pedirá a información básica para configurar o servizo de NIS, que simplemente é o nome do dominio:

Configurar nis ubuntu1.jpg

Configuración do equipo como servidor de NIS

  • Ubuntu utiliza o ficheiro de configuración /etc/default/nis para establecer o comportamento do servizo de NIS, isto é, como cliente ou como servidor.
  • Deberemos editar este ficheiro (como root) e establecer os datos para que o equipo actúe como servidor de NIS, xa que por defecto actúa como cliente:
 NISSERVER=true
 NISCLIENT=false
  • Unha vez feitos estes cambios, debemos reiniciar o servizo de NIS.


Os grupos de sistema de Ubuntu con NIS

  • Ubuntu xestiona os acceso dos usuarios a moitos recursos do sistema (audio, discos extraíbles, etc.) por medio dunha serie de grupos que ten predefinidos e no que deben estar incluídos os usuarios para poder facer uso deles.
  • O problema é que por defecto o servidor de NIS non exporta os usuarios e grupos con identificador inferior a 1000, e polo tanto estes grupos non aparecerán nos clientes.
  • Para solucionalo, deberíamos modificar no ficheiro /var/yp/Makefile os parámetros, MINUID (identificador de usuario mínimo a exportar) e MINGID (identificador de grupo mínimo para exportar), deixando por exemplo:
MINUID = 4
MINGID = 4