Manexo básico de ficheiros e cartafoles
Introdución
- Todo sistema baseado en GNU/Linux, comeza a súa estructura de directorios nun directorio especial chamado raíz "/"
- Del colgan tódolo demais directorios, dispositivos e particións que haxa no equipo.
- Toda distribución ten unha unha estructura de directorios colgando do directorioraíz "/", semellante á seguinte:
Directorios principais que colgando directorion raíz
Contén ficheiros coa meirande parte dos comandos básicos do sistema
Imaxe do núcleo comprimido e ficheiros de configuración para o arranque do sistema
Almacénanse moitos ficheiros de configuración básica do sistema Directorios persoais dos distintos usuarios. Por defecto, o directorio de cada usuario leva o login do mesmo Para o arranque do sistema Almacénanse as librerías do sistema compartidas por distintos programas (*.so)
Programas e comandos de xestión do sistema, como xestión de usuarios, do disco, etc.
Directorio para almacenamento de ficheiros temporais Ten unha estrutura de subdirectorios similar ó raíz, pero para aplicacións de usuario non esenciais para o sistema. Tamén contén a configuración do servidor X-Window e o código fonte do núcleo Destinado a almacenar ficheiros e información que tende a crecer moito en tamaño, como ficheiros de log, datos, etc. |
Organización dos ficheiros e cartafoles
A seguinte imaxe amosa toda a información asociada a un ficheiro/cartafol
- Os ficheiros/cartafois que comezan por punto "." son ocultos.
- Todo ficheiro/arquivo ten un usuario e un grupo propietario do mesmo.
- A primeira letra da columna dos permisos ten a seguinte lenda:
- l: acceso directo, enlace
- d: directorio
- -: ficheiro
Permisos
- Todo cartafol/ficheiro ten asociados uns permisos.
- A columna dos permisosten o seguinte formato.
- <tipo> <permisos usuario propietario> <permisos grupo propietario> <permisos outros>
- Polo que atinxe os permisos a secuencia de representación coñécese como ugo: (usuario, grupo, outros)
- Os permisos para cada un dos tres axentes anteriores, poden ser:
- r: lectura
- w: escritura
- x: execución (no caso dos cartafois indica que se pode atravesar)
Comandos para cambiar os permisos e o propietario
- chown: cambia o usuario/grupo propietario do obxecto.
- chown pepe:alumnos ficheiro. Cambia os propietarios do ficheiro
- chmod: cambia os permisos dun obxecto.
- chmod 754 ficheiro: asigna os seguintes permisos, u=rwx, g=r-x, o=r--