Niveis de execución
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
- No proceso de arranque de Linux tamén interveñen unha serie de scripts e ficheiros de configuración.
- En primeiro lugar, no arranque do sistema descomprímese a imaxe comprimida do núcleo de Linux e recoñécese o hardware do equipo.
- A continuación, arráncase o proceso init (normalmente en /sbin), con pid 0. Este proceso será o encargado de lanzar todos os demais procesos do sistema.
- O proceso init toma un ficheiro de configuración principal en /etc/inittab, no que se definen os distintos niveis de execución do sistema, que son:
0 Apagar o sistema 1 Modo monousuario 2 Multiusuario sen rede 3 Multiusuario 4 Non se usa 5 X11 6 Reinicio do sistema
- O ficheiro /etc/inittab establece cal dos modos de execución se toma por defecto no arranque.
- Podemos cambiar de nivel de execución executando nos mesmos o proceso init indicando como parámetro o nivel de execución:
init 3 # Pasamos a modo de texto
- O ficheiro inittab tamén invoca ao script /etc/rc.sysinit, que realiza funcións como iniciar o swap, montar os sistemas de ficheiros, etc.
- A continuación execútase o script /etc/rc.local, que tamén realiza funcións básicas de configuración.
- Por último, init executa todos os scripts incluídos no modo de execución seleccionado. Estes scripts están no directorio /etc/rcn.d, onde n é o nivel de execución.
- Os scripts que comezan por S arrancan un servizo, e os que comezan por K o deteñen. Desta forma podemos ver en cada nivel que servizos se lanzan e cales se deteñen.