Diferencia entre revisiones de «Comandos para o arranque e parada de servizos»

De Deseño, implantación e configuración dun dominio/rede Linux.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 12:01 30 jun 2007

  • Cada servizo ofrece un script dentro do directorio /etc/init.d que permite arrancar, parar, reiniciar ou ver o estado do servizo indicando o parámetro start, stop, restart e status respectivamente, aínda que dependendo da implementación do script non sempre ofrecerán as mesmas opcións. Por exemplo, para parar, arrancar e reiniciar o webmin usaríamos:
/etc/init.d/webmin stop
/etc/init.d/webmin start
/etc/init.d/webmin restart
  • Para indicar que servizos queremos arrancar por defecto podemos usar o comando chkconfig:
    • chkconfig servizo on: Activa o servizo no arranque do sistema.
    • chkconfig servizo off: Non activa o servizo no arranque.
  • Por último, tamén hai servizos en Linux que se arrancan automaticamente ao recibir unha petición. Son os servizos xinetd.
  • xinetd é un servizo de Linux que se encarga de arrancar programas e servizos de rede automaticamente cando se recibe algunha petición dun equipo cliente. Desta forma non se teñen que arrancar cando se arranca o equipo.
  • Para funcionar como servizo xinetd, o servizo inclúe un ficheiro de configuración dentro do directorio /etc/xinetd.d que é o que utiliza xinetd para arrancar automaticamente dito servizo.
  • Se queremos que o servizo non se arranque automaticamente cando se reciba unha petición, podemos facelo co comando chkconfig (chkconfig servizo off/on).