Aspectos básicos dos usuarios e grupos
Revisión del 20:09 2 jul 2007 de Carrion (discusión | contribs.) (→Comandos de xestion de usuarios e grupos)
Introdución
- Todo usuario debe pertencer a un grupo, coñecido como grupo primario
- Cando se dá de alta un usuario e usando os parámetros por defecto, acontecerá:
- Carpeta personal: Crearase unha carpeta en /home co nome do usuario
- Grupo primario: Crearase un grupo co mesmo no que o usuario e conterá ó usuario como membro.
- Identificadores: Tanto ó usuario como ó grupo asinaráselle un numero que os identificará e distinguirá dos demais: user id (uid) e group id (gid).
- Un usuario pode pertencer a varios grupos secundarios, pero obrigatoriamente ten que ter un grupo primario.
- Usario root ten o identificador uid=0 e pertence a un grupo chamado root con gid=0
Ficheiros de configuración
- /etc/passwd: contén os usuarios do sistema indicando, cal é o seu grupo primario (gid), o seu nome, o seu home, etc.
- /etc/shadow: contén os contrasinais cifrados dos usuarios. Aquel que teña signos de adminración "!" no contrasinal, é porque aínda non ten un contrasinal.
- /etc/group: contén os nomes dos grupos, e os usuarios que teñen a ese grupo como secundario.
Comandos de xestion de usuarios e grupos
- adduser: para dar usuarios de alta.
- adduser pepe: dá de alta o usuario pepe, crea o cartafol /home/pepe, crea un grupo primario chamado pepe e mete ó usuario pepe no grupo pepe, finalmente asínalle o primeiro uid libre ó usuario pepe e gid ó grupo pepe.
- userdel: elimina un usuario.
- usermod: modifica os datos do usuario.
- groupadd: crea grupos.
- groupdel: elimina grupos.
- passwd: cambiar o contrasinal.