Manexo de Mandriva
Instalación de Mandriva
Existen actualmente dúas versións gratuítas de Mandriva:
- En formato live-cd que pode ser utilizado sen necesidade de instalación (Mandriva One).
- En formato DVD para instalar no equipo (Mandriva Free). Neste caso, para instalar o sistema operativo no ordenador só teremos que arrincar dende o DVD e seguir os pasos de instalación.
O Centro de Control de Mandriva
- Mandriva integra todas as aplicacións de xestión do sistema propias da distribución nunha ferramenta chamada Centro de Control.
- Podemos acceder a ela dende o menú dende a opción de Sistema->Configuración->Configure o seu ordenador.
- A descrición das distintas aplicacións do Centro de Control recóllese no seguinte artigo.
Configuración da rede
- A utilidade de configuración da rede en Mandriva está integrada dentro do Centro de Control.
Ferramentas de xestión de paquetes
- Mandriva utiliza o formato de paquetes rpm para facilitar a instalación, actualización e eliminación do software do sistema.
- Temos varias alternativas para xestionar os paquetes rpm do sistema:
- O Centro de Control de Mandriva.
- O instalador de software sobre un paquete rpm descargado.
- O comando urpmi.
- O comando rpm.
- A xestión de actualizacións é automatica con Mandriva Online.
Configuración do idioma
- Mandriva ofrece a apliación LocaleDrake (no menú Sistema->Configuración->Otro) para cambiar o idioma da interface.
- Esta ferramente pode executarse en dous modos:
- En modo usuario, permite ao usuario cambiar o idioma no que vai utilizar o sistema.
- En modo administrador, permite cambiar o idioma por defecto: véxase como seleccionar o idioma do sistema no centro de control.
Ferramentas para o manexo de arquivos
- Mandriva utiliza por defecto o xestor de fiestras KDE, e konqueror é a aplicación que utilizar KDE para como explorador de ficheiros:
- Ofrece as opcións típicas dun explorador de ficheiros, como cortar, copiar, pegar, borrar, renomear e crear ficheiros e cartafoles.
- Permite a navegación por pestanas, de forma que cunha única ventá de konqueror poden explorarse de forma simultánea varias carpetas.
- Ao mesmo tempo que explorador de ficheiros, tamén pode usarse como navegador de Internet, xa que usa o motor de Mozzila para visualizar páxinas web:
- O panel lateral ten varias pestanas que ofrecen distintas posibilidades, ver a carpeta persoal do usuario, sitios favoritos, lugares remotos, reprodutor multimedia, etc. A pestana de sistema permite navegar polas unidades de almacenamento locais e unidades remota como carpetas compartidas por samba, ás que se pode acceder directamente con konqueror:
Como abrir documentos como root
- Se queremos editar e xestionar ficheiros do sistema co usuario root sen ter que recorrer á consola de comandos, podemos instalar o paquete para kde openasroot-kmenu:
- Unha vez instalado este paquete, aparecerá unha opción no konqueror cando piquemos co botón dereito do rato sobre un ficheiro ou un cartafol para abrilo como root: