Pasos da instalación de Ubuntu

De Deseño, implantación e configuración dun dominio/rede Linux.
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Logo ubuntu.jpg


Introdución

Para esta instalación partirase dun equipo cun disco de 10 GB, e con 256 MB de RAM. O equipo ten instalado o S.O. Windows XP nunha partición NTFS que ocupa todo o disco.

Ubuntu-live-08- editor de particións.jpg.


Pre-requisitos

  • Facer unha copia de seguridade dos datos que o usuario considere importantes.
  • Desfragmentar o disco dende os S.O. Windows XP.
    • Seleccionar o disco, premer co botón dereito do rato e seleccionar propiedades.

Desfragmentar 1 seleccionar disco.jpg


    • Premer na lapela Ferramentas e logo no botón Desfragmentar agora

Desfragmentar 2 ferramentas.jpg

    • Premer no botón Desfragmentar

Desfragmentar 4 desfragmentado.jpg

    • Pódese observar o estado anterior e posterior á desfragmentación.


Comezo da Instalación

  • Inserir o CD de instalación. Configurar a BIOS para iniciar dende CD.
  • Escoller parámetros de inicio do S.O.

Ubuntu-live-01- Meu inicial.jpg

Hai un menú inferior no que se pode escoller: idioma, teclado, resolución da pantalla, etc,

  • Escoller o idioma: premer F2. Neste caso escolleuse galego.

Ubuntu-live-02- Seleción de idioma.jpg

Como a instalación se fai dende o CD, e este trae varias apliacacións de usuario, é moi probable que no CD non estean tódolos paquetes do idioma.

Estes poden ser baixados unha vez instalado o S.O.

  • Seleccionar Iniciar ou instalar Ubuntu

Ubuntu-live-03- comezar instalacion.jpg


Escritorio de traballo

  • Tras uns minutos tense un S.O. funcionando, que non afecta ó que haxa instalado na máquina real.

Ubuntu-live-07- escritorio.jpg


Instalación, Paso 1: Seleccionar o idioma de instalación

  • Para comezar a instalar premer na icona do escritorio: Install
  • Seleccionar o Idioma do proceso de instalación.

Ubuntu-live-10- Install paso1 idioma.jpg


Instalación, Paso 2: Fuso horario

Ubuntu-live-11- Install paso 2 fuso horario.jpg


Instalación, Paso 3: Configuración do teclado

Ubuntu-live-12- Install paso 3 teclado.jpg


Instalación, Paso 4: Particionado do disco

Antes de continuar recoméndase ter claro como se tratan os discos e particións en linux. As unidades de disco en Linux

  • A seguinte pantalla na que se poden escoller distinas formas de particionado: 3 delas guiadas e unha manual. Neste caso seleccionar a última

xa que queremos redimensionar o disco e darlle os tamaños que nós desexamos a cada partición.

Ubuntu-live-14- Install paso 4.2 particionado escoller.jpg

Instalación, Paso 4.1: Redimensionado da partición

  • Redimensionarase a partición existende NTFS, lembrar que se debeu desfragmentar o disco. Pre-requisitos
  • Partimos da seguinte configuración onde só hai unha partición NTFS:
  • Selecionar esa partición e premer no botón Edit

Ubuntu-live-15- Install paso 4.3 particionado edit hda1.jpg

  • Indicar o novo tamaño da partición e premer en Aceptar.

Ubuntu-live-16- Install paso 4.4 particionado cambiar a 3072 hda1.jpg

  • Premer en Continuar, para a seguinte advertencia de modificación da táboa de particións

Ubuntu-live-17- Install paso 4.4 particionado cambiar a 3072 hda1 confirmación.jpg


Instalación, Paso 4.2: Creación da partición asociada ó directorio raíz

  • Nesta partición estará instalado o groso do S.O.
  • Selecionar o espazo libre sobrante do paso anterior e premer en New partition

Ubuntu-live-19- Install paso 4.7 espazo libre.jpg

  • Indicar:
    • Tipo de partición:
      • Primaria: Só pode haber 4 (hda1, hda2, hda3,hda4).
      • Estendida: Só pode haber 1 (xeralmente numérase: hda4) e esta pode conter particións lóxicas.
      • Lóxica: Só se poden crear dentro dunha estendida e pode haber tantas como espazo haxa na estendida.
    • Tamaño en MB
    • Tipo de sistema de arquivos: ext3, fat, swap, etc
    • Punto de montaxe: neste caso "/"

Ubuntu-live-20- Install paso 4.8 partición raíz.jpg


Instalación, Paso 4.3: Creación da partición de intercambio ou swap

  • Esta partición adoita ter un tamaño de 2 veces a memoria RAM.
  • Esta partición constitúe a memoria virtual do sistema.
  • Seleccionar o espazo libre sobrante do paso anterior e premer en New partition

Ubuntu-live-21- Install paso 4.9 partición raíz xa creada.jpg

  • Indicar:
    • Tipo de partición: seguimos creando lóxicas
    • Tamaño en MB
    • Tipo de sistema de arquivos: neste caso swap

Ubuntu-live-22- Install paso 4.9 editar partición swap.jpg


Instalación, Paso 4.4: Creación da partición de asociada ó directorio home

  • Preténdese que os datos dos usuarios estean nunha partición distinta á do sistema.
  • Así, ó acceder a /home estase accedendo a outra partición distinta da do sistema.
  • Este paso pódese omitir pero en caso de formatear a partición asociada a ""/" perderíanse os datos dos usuarios
  • Seleccionar o espazo libre sobrante do paso anterior e premer en New partition

Ubuntu-live-23- Install paso 4.10 xa partición swap.jpg

  • Indicar:
    • Tipo de partición: seguimos creando lóxicas
    • Tamaño en MB: neste caso 1 GB
    • Tipo de sistema de arquivos: neste caso ext3
    • Punto de montaxe: /home

Ubuntu-live-24- Install paso 4.11 editar home.jpg


Instalación, Actividade: Creación de particións

Trátase de crear as particións necesarias para obter a distribución da imaxe inferior.

Ubuntu-live-26- Install paso 4.12 particións final.jpg


Instalación, Paso 5: Importar usuarios de Windows

  • Trátase de crear os usuarios de Windows en Linux, importando a súa información salvo o contrasinal.

Ubuntu-live-27- Install paso 5 importar contas xp.jpg


Instalación, Paso 6: Usuario administrador e nome de equipo

  • En ubuntu o primeiro usuario que se dá de alta é o administrador do sistema
Forma parte do grupo root

Ubuntu-live-28- Install paso 6 nome usuario.jpg

  • Neste caso deuse de alta un usuario chamado: administrador e con contrasinal abc123. (o punto incluído)
  • O nome da computadora é Ubuntu00


Instalación, Paso 7: Resumo final e cargador de arrinque

  • O derradeiro paso presenta un resumo dos parámetros escollidos nos pasos previos.

Ubuntu-live-29- Install paso 7 resumo final.jpg

  • Premendo en Advanced, permite escoller onde se vai instalar o cargador do S.O. ou participar nunha enquisa.

Ubuntu-live-30- Install paso 7.1 cargador.jpg

Instalación, proceso de instalación do S.O.

A seguinte imaxe amosa o progreso da instalación de Ubuntu 7.04

Ubuntu-live-31- copiando ficheiros.jpg