Instalación e configuración do servidor de NIS en Mandriva
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Instalación dos paquetes necesarios
- Para instalar o servidor de NIS é necesario instalar o paquete ypserv, que podemos facer usando o Centro de Control de Mandriva:
Configuración do servidor de NIS co webmin
- Podemos usar o webmin para configurar os parámetros mais importantes do servidor.
- A ferramenta configuración do servidor de NIS no webmin atopámola na categoría de Rede:
- Dentro deste módulo atopamos as utilidades para configurar tanto o cliente como o servidor de NIS. Para configurar os parámetros básicos do servidor, entraremos na opción de Servidor de NIS:
- Os parámetros mais importantes que atopamos son:
- Servidor de NIS activo: Podemos con este parámetro activar ou descactivar o funcionamento do servidor de NIS.
- Dominio de Servidor NIS: Este é o parámetro que temos que cambiar, e nel indicaremos o nome do noso dominio.
- Tablas NIS a servir: Nesta tábooa podemos seleccionar que datos van ser exportados polo servidor de NIS (Usuarios, grupos, máquinas, etc.)
- UID e GID mínimos: Os usuarios e grupos que teñan identificador máis pequeno que os indicados non serán exportados por NIS. Desta forma evitamos exportar os usuarios dos servizos do sistema.
- No cadro inferior podemos configurar os ficheiros de datos que o servidor de NIS utilizará para exportar, que normalmente non teremos que cambiar.
- Picando no botón de Salvar e aplicar podemos confirmar os parámetros introducidos e arrancar o servidor de NIS coa nova configuración.