Introdución a Linux

De Deseño, implantación e configuración dun dominio/rede Linux.
Revisión del 06:29 28 jun 2007 de Antonio (discusión | contribs.) (→‎O núcleo de Linux)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
La versión para imprimir ya no se admite y puede contener errores de representación. Actualiza los marcadores del navegador y utiliza en su lugar la función de impresión predeterminada del navegador.
Tux.jpg

Breve historia de Linux

  • Linux naceu como un proxecto de Linus Torvalds, estudante da Universidade de Helsinki, inspirado noutro sistema operativo, o Minix de Andrew S. Tanenbaum.
  • Está englobado dentro do proxecto GNU (GNU’s Not Unix), que ten como obxectivo o de proporcionar unha implementación do complexo sistema operativo Unix e que opere sobre as plataformas de PC.
  • O código de Linux ampárase baixo os termos da licenza GPL da Free Software Foundation.
  • A primeira versión oficial (0.0.2) do sistema operativo Linux ve a luz o 5 de outubro de 1991.
  • O desenvolvemento e expansión do sistema operativo Linux é espectacular debido fundamentalmente á colaboración a través de Internet de diversos grupos de traballo dirixidos e coordinados por Linus Torvalds.

Características básicas

As características máis destacables de GNU/Linux, herdadas a maioría do sistema Unix, son as seguintes:

  • É un sistema multitarefa, o que significa que pode executar varios programas simultaneamente.
  • É un sistema multiusuario, o que significa que varias persoas poden compartir o uso do sistema ao mesmo tempo, apoiado por un sistema de seguridade robusto.
  • É orientado á rede, xa que a meirande parte das características de Linux non se aproveitan nun equipo illado.
  • Ofrece unha boa compatibilidade de software entre plataformas hardware.
  • Soporte de múltiples sistemas de ficheiros.
  • Nos seus comezos, incómodo e complexo para o usuario novel, problema superado hoxe en día.
  • Contén unha colección de programas e utilidades que o acompañan, dende procesadores de textos, a compiladores, servidores, etc.

O núcleo de Linux

  • O desenvolvemento das distintas versións do núcleo de Linux está coordinado por Linus Torvalds.
  • Cada versión identifícase por tres números:
    • O primeiro número indica o número de versión.
    • O segundo número indica o nivel da versión (o nivel é estable se o número é par e inestable se é impar)
    • O terceiro número indica o número de revisión.
  • Polo tanto, unha versión do núcleo pode ser a 2.6.21.Podemos descargar a última versión do núcleo en www.linux.org.
  • Este núcleo contén só a implementación dos servizos básicos do sistema operativo, é por iso que para poder distribuílo e instalalo é necesario acompañalo de ferramentas de instalación, configuración, utilidades, etc.
  • Este traballo é realizado polas distintas empresas que realizan distribucións de Linux.