Manexo de Mandriva

De Deseño, implantación e configuración dun dominio/rede Linux.
Revisión del 15:28 25 ago 2014 de 95.20.225.213 (discusión) (→‎Instalación de Mandriva)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Logo mandriva.jpg

Instalación de Mandriva

Existen actualmente dúas versións gratuítas de Mandriva:

  • En formato live-cd que pode ser utilizado sen necesidade de instalación (Mandriva One).
  • En formato DVD para instalar no equipo (Mandriva Free). Neste caso, para instalar o sistema operativo no ordenador só teremos que arrincar dende o DVD e seguir os pasos de instalación.

O Centro de Control de Mandriva

  • Mandriva integra todas as aplicacións de xestión do sistema propias da distribución nunha ferramenta chamada Centro de Control.
  • Podemos acceder a ela dende o menú dende a opción de Sistema->Configuración->Configure o seu ordenador.
  • A descrición das distintas aplicacións do Centro de Control recóllese no seguinte artigo.


Configuración da rede

  • A utilidade de configuración da rede en Mandriva está integrada dentro do Centro de Control.


Ferramentas de xestión de paquetes


Configuración do idioma

  • Mandriva ofrece a apliación LocaleDrake (no menú Sistema->Configuración->Otro) para cambiar o idioma da interface.
  • Esta ferramente pode executarse en dous modos:


Ferramentas para o manexo de arquivos

  • Mandriva utiliza por defecto o xestor de fiestras KDE, e konqueror é a aplicación que utilizar KDE para como explorador de ficheiros:

Konqueror.jpg


  • Ofrece as opcións típicas dun explorador de ficheiros, como cortar, copiar, pegar, borrar, renomear e crear ficheiros e cartafoles.
  • Permite a navegación por pestanas, de forma que cunha única ventá de konqueror poden explorarse de forma simultánea varias carpetas.

Konqueror1.jpg

  • Ao mesmo tempo que explorador de ficheiros, tamén pode usarse como navegador de Internet, xa que usa o motor de Mozzila para visualizar páxinas web:

Konqueror2.jpg


  • O panel lateral ten varias pestanas que ofrecen distintas posibilidades, ver a carpeta persoal do usuario, sitios favoritos, lugares remotos, reprodutor multimedia, etc. A pestana de sistema permite navegar polas unidades de almacenamento locais e unidades remota como carpetas compartidas por samba, ás que se pode acceder directamente con konqueror:

Konqueror3.jpg


Como abrir documentos como root

  • Se queremos editar e xestionar ficheiros do sistema co usuario root sen ter que recorrer á consola de comandos, podemos instalar o paquete para kde openasroot-kmenu:

Openasroot instalar.jpg


  • Unha vez instalado este paquete, aparecerá unha opción no konqueror cando piquemos co botón dereito do rato sobre un ficheiro ou un cartafol para abrilo como root:

Openasroot Mandriva.jpg


Openasroot Mandriva1.jpg