O Servidor de DHCP

De Deseño, implantación e configuración dun dominio/rede Linux.
Revisión del 10:14 1 jul 2007 de Antonio (discusión | contribs.) (→‎Instalar o servizo)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Instalar o servizo

  • O servidor DHCP distribúese no paquete dhcp-server, polo que simplemente teremos que instalar este paquete.
  • Usaremos o módulo de Servidor de DHCP na categoría de Servidores do webmin para administrar o servizo.
  • Na páxina principal do módulo atopamos dous apartados principais:

Dhcp con webmin.jpg


  • As subredes son os rangos de direccións IP que o servidor DHCP pode asignar. O servidor DHCP debe ter definida, a lo menos, unha subrede.
  • As máquinas son reservas de direccións IP para equipos concretos. Estas reservas fanse segundo a dirección física da tarxeta de rede, de xeito que así a un equipo sempre se lle asignará a mesma dirección IP.
  • Os grupos de máquinas e grupos de subredes permiten agrupar máquinas ou subredes que teñen a mesma configuración.
  • Hai un terceiro apartado de zonas DNS que non usaremos, e que ten como finalidade configurar a sincronización do servidor DHCP cun servidor de DNS, de forma que cando o servidor DHCP lle asigna unha dirección IP a un equipo, avisa ao servidor DNS cal foi a dirección IP asignada para que este modifique o rexistro que asocie esa dirección IP ao nome do equipo.

Configurar subredes

  • Para definir unha subrede basicamente teremos que indicar o rango ou rangos de direccións IP que se queren asignar , e a dirección e máscara da rede:

Dhcp con webmin1.jpg


Editar opcións dos clientes

  • Coas opcións de cliente podemos asignarlle aos clientes máis parámetros ademais da dirección IP e a máscara. O máis común é que lle asignemos tamén a dirección da porta de enlace e do servidor de DNS, aínda que hai moitos outros parámetros:

Dhcp con webmin2.jpg


  • As opcións de cliente poden establecerse para todo o servidor, para unha subrede ou para unha máquina concreta.


Fixar unha dirección para unha máquina

  • Se queremos que un determinado equipo sempre se lle asigne a mesma dirección IP, podemos engadir unha máquina na que deberemos introducir a dirección física do equipo e a dirección IP que lle queremos reservar:

Dhcp con webmin3.jpg


Ficheiro de configuración do servidor DHCP

  • O ficheiro de configuración do servidor DHCP é /etc/dhcpd.conf. Nel se definen os parámetros do servidor, das subredes e máquinas.