https://wikilinux.iessanclemente.net/index.php?title=O_Servidor_de_DNS&feed=atom&action=historyO Servidor de DNS - Historial de revisiones2024-03-28T18:38:22ZHistorial de revisiones de esta página en el wikiMediaWiki 1.36.2https://wikilinux.iessanclemente.net/index.php?title=O_Servidor_de_DNS&diff=1275&oldid=prevAntonio: /* Instalar o servizo */2007-07-02T16:45:31Z
Instalar o servizo

Página nueva

== Instalar o servizo ==

* En Linux a implementación do servidor de DNS máis utilizado é [http://es.wikipedia.org/wiki/BIND BIND] ([http://www.isc.org/index.pl?/sw/bind/ http://www.isc.org/index.pl?/sw/bind/]).

* Paquetes a instalar:

** En Mandriva: '''bind'''.

** En Ubuntu: '''bind9''', '''bind9-doc'''.

* O servizo que teremos que lanzar ten de nome '''named''' (''name daemon'').

* A configuración por defecto do servidor é capaz de resolver o nome das máquinas de Internet, xa que trae configurados os servidores de DNS raíz de Internet aos que consultar o nome de calquera equipo.

== Configuración básica ==

* Usaremos o webmin para configurar os aspectos máis básicos do servidor de DNS (''Servidores''->''Servidor de DNS BIND''). En primeiro lugar, debemos modificar a configuración por defecto do módulo de DNS do webmin para que funcione correctamente. Na páxina inicial do módulo de DNS, picaremos en '''Configuración de módulo''':

[[Imagen:Configuracion_webmin_dns.jpg]]

* O problema ven de que, por motivos de seguridade, o servizo de DNS execútase baixo '''chroot''' no directorio '''/var/named'''; isto significa que para o proceso de DNS ese é o directorio raíz.

* O que faremos é configurar isto correctamente no módulo do webmin, xa que o non telo ben configurado provocaría que o servidor non atoparía os ficheiros nos que se almacenan as zonas, porque as rutas que el usa non coinciden coas reais.

* Debemos deixar os parámetros como na seguinte imaxe:

[[Imagen:Configuracion_webmin_dns1.jpg|600px]]

* Na ferramenta de xestión de DNS do wemin, atopamos dous apartados principais:

** '''Opcións xerais''': Neste apartado atópanse as páxinas de configuración dos parámetros de seguridade e log do servidor, transferencias e reenvíos a outros servidores de DNS, entre outros.

[[Imagen:Xestion_dns_webmin.jpg|600px]]

** '''Zonas de DNS existentes''': Aquí podemos ver todas as zonas definidas no servidor, por defecto vemos a zona raíz que é a que almacena as direccións dos servidores raíz de Internet a zonas dos principais dominios de Internet (.com, .net, etc.).

[[Imagen:Xestion_dns_webmin1.jpg|600px]]

== Definir zonas de búsqueda ==

* Para definir unha nova zona de búsqueda faremos clic sobre a opción '''Crear una nueva zona maestra'''.

* Na seguinte páxina cubrimos os datos da zona:

[[Imagen:Crear_zona1.jpg|600px]]

* Neste caso indicamos que a zona será de ''reenvío'' (tamén chamada zona de búsqueda directa), porque o que queremos é devolver a dirección IP dos equipos a partir do seu nome (a zona inversa sería ao revés.

* Introducimos o nome de dominio da zona e o email do administrador da mesma.

== Agregar equipos no servidor DNS ==

* Tras crear a zona, pasamos á páxina dos rexistros da zona:

[[Imagen:Crear_equipo.jpg|600px]]

* Aquí podemos ver os distintos rexistros de información que se almacena nesta zona do DNS. Cada rexistro representa un equipo do que o DNS da información, como por exemplo a súa dirección IP, aínda que pode dar outro tipo de información como se é un servidor de correo, un servidor de nomes, etc.

* Para crear un novo rexistro na zona, facemos clic sobre o tipo de rexistro que queremos crear. Se é un rexistro normal no que queremos indicar a dirección IP asociada a un nome, picaremos sobre '''Dirección'''.

* Introduciremos o nome do equipo e a dirección IP asociada:

[[Imagen:Crear_equipo1.jpg|600px]]

* Agora podemos arrancar ou rearracar o servizo de DNS para activar os cambios.

== Actividade: Definir un equipo no servidor DNS ==

1. Instala o servidor DNS e configura correctamente o módulo de webmin para poder xestionalo.

2. Crea unha zona de búsqueda directa asociada ao dominio ''nome_do_teu_centro.local''.

3. Crea dentro da zona un rexistro no que asocies á dirección IP do servidor o nome ''www''.

4. Configura no equipo cliente o equipo servidor como servidor de DNS.

5. Comproba que o servidor resolve correctamente os nomes dos servidores de Internet,

navegando por distintas páxinas.

6. Introduce no navegador do cliente a dirección https://www.nome_do_teu_centro.local:10000

¿Onde te estás conectando?

== Reenviar peticións a outros servidores DNS ==

* Para rematar, é moi frecuente que nos interese redireccionar a uns servidores DNS determinados todas as peticións de nomes de Internet en lugar de dirixilos aos servidores raíz (no noso caso, aos servidores da consellería).

* Poderemos configurar esta opción picando no botón de '''Reenvío y transferencias''':

[[Imagen:Reenvio_DNS.jpg]]

* Na seginte páxina, indicaremos as direccións IP dos servidores de DNS aos que queremos reenviar as consultas:

[[Imagen:Reenvio_DNS1.jpg]]

== Ficheiros de configuración do servidor de DNS ==

* O principal ficheiro de configuración do servidor de DNS é '''named.conf''', que se atopa normalmente dentro do directorio '''/etc'''. Neste ficheiro establécense as opcións principais do servizo e a lista de zonas existentes no servidor, indicando para cada unha o ficheiro no que se almacena a información desa zona.
Antonio