https://wikilinux.iessanclemente.net/index.php?title=Pasos_de_instalaci%C3%B3n_de_Mandriva&feed=atom&action=historyPasos de instalación de Mandriva - Historial de revisiones2024-03-29T15:24:26ZHistorial de revisiones de esta página en el wikiMediaWiki 1.36.2https://wikilinux.iessanclemente.net/index.php?title=Pasos_de_instalaci%C3%B3n_de_Mandriva&diff=357&oldid=prevAdmin: /* Configuración de usuarios e modo de autentificación */2007-06-27T22:38:33Z
Configuración de usuarios e modo de autentificación

Página nueva

[[Imagen:Logo_mandriva.jpg|thumb]]

Aquí se recollen os pasos básicos para a instalación de Mandriva:

== Comezo da instalación ==

Na primeira pantalla da instalación podemos escoller entre distintas opcións:

[[Imagen:Instalacion_mandriva_comezo.jpg|450px]]

* '''Arrancar do disco duro:''' Esta é opción por defecto, que arranca o sistema operativo por defecto no disco local do equipo.

* '''Arrancar o programa de instalación do CDROM''': Lanza o programa de instalación para instalar Mandriva no disco duro

* '''Arrancar a consola de rescate''': Lanza unha pequena aplicación en modo texto que permite realizar as operacións básicas para rescatar o equipo se non arranca:

** Reinstalar o xestor de arranque

** Restaurar o xestor de arranque de Windows.

** Montar as particións de disco do equipo en /mnt.

** Abrir unha consola de comandos.

* '''Facer un test da memoria RAM do equipo'''.

== Selección do idioma ==

* O primeiro paso da instalación é a selección do idioma que se usará na instalación e por defecto no sistema cado estea instalado.

* Poden seleccionarse varios idiomas, e así o usuario poderá seleccionar un deles cando inicie a súa sesión.

[[Imagen:Instalacion_mandriva_idioma.jpg|450px]]

== Contrato de licenza ==

* Deberemos aceptar o contrato de licenza, que basicamente informa que a maioría do software incluído está distribuído baixo a licenza GPL e que os programas desenvolvidos por Mandriva se distribúen baixo a GPL.

[[Imagen:Instalacion_mandriva_licenza.jpg|450px]]

== Configuración do teclado ==

* Neste paso seleccionamos a configuración rexional do noso teclado (Por defecto xa debería aparecer o español).

[[Imagen:Instalacion_mandriva_teclado.jpg|450px]]

== Nivel de seguridade por defecto ==

* O nivel de seguridade establece unha serie de permisos e restricións de seguridade de rede por defecto.

* Posteriormente pode cambiarse no Centro de Control de Mandriva.

[[Imagen:Instalacion_mandriva_seguridade.jpg|450px]]

== Particionado do disco ==

* No apartado de particionado, temos dúas opcións:

** Deixar que o instalador utilice o espazo libre do disco, no que crear unha partición para o sistema (directorio '''/'''), outra para os directorios persoais (directorio '''/home''') e outra para '''swap'''.

** Seleccionar manualmente as particións que se van facer no disco e os [[Conceptos básicos para instalar Linux#As unidades de disco en Linux | puntos de montaxe]] das mesmas.

[[Imagen:Instalacion_mandriva_particionado.jpg|450px]]

* A ferramenta de particionado de Mandriva é moi intuitiva e permítenos facilmente crear, eliminar e modificar particións, asignar os puntos de montaxe para cada unha delas, etc.

[[Imagen:Instalacion_mandriva_particionado_2.jpg|450px]]

== Selección dos paquetes a instalar ==

* Para facilitar a selección de paquetes que queremos instalar dentro do amplo conxunto de paquetes que inclúe o DVD, o instalador organiza os paquetes en grupos temáticos segundo o obxectivo dos pogramas.

* De todos os xeitos se queremos podemos seleccionar os paquetes de forma individual.

[[Imagen:Instalacion_mandriva_seleccion_paquetes.jpg|450px]]

* A continuación comeza a fase da instalación na que os paquetes seleccionados se instalan no disco duro.

[[Imagen:Instalacion_mandriva_instalacion_paquetes.jpg|450px]]

== Configuración de usuarios e modo de autentificación ==

* Neste paso establecemos en primeiro lugar a clave do usuario root.

* Podemos seleccionar o sistema de autentificación que queremos usar:

** '''Arquivo local''' (por defecto) utiliza os ficheiros locais para autentificar aos usuarios.

** '''LDAP''': Autentifica aos usuarios contra un [[O servidor LDAP | servidor LDAP]].

** '''NIS''': Autentifica aos usuarios contra un [[O servizo de NIS | servidor de NIS]].

** '''Dominio Windows''': Utiliza o módulo de winbind samba para autentificarse contra un dominio Windows.

** '''Active Directory''': Autentifícase cun servidor de Active Directory, co protocolo LDAP ou con winbind.

[[Imagen:Instalacion_mandriva_autentificacion.jpg|450px]]

* Despois podemos engadir no equipo local os usuarios que queiramos.

[[Imagen:Instalacion_mandriva_autentificacion_2.jpg|450px]]

== Resumo e configuración final ==

* No final da instalación veremos a pantalla de resumo con toda a configuración para o novo sistema.

* É importante revisar os puntos deste resumo, sobre todo o referente á interfaz gráfica, xa que se non está ben configurado non poderemos arrancar ningunha aplicación do contorno gráfico.

[[Imagen:Instalacion_mandriva_resumo.jpg|450px]]

== Finalizar a instalación ==

* Antes de rematar definitivamente a instalación, o programa ofrécenos a opción de descargar de Internet actualizacións para o sistema.

[[Imagen:Instalacion_mandriva_actualizacions.jpg|450px]]

* No último paso da instalación podemos gardar a selección de paquetes e xerar un disquete de instalación automática se queremos repetir a mesma instalación noutros equipos.

[[Imagen:Instalacion_mandriva_finalizar.jpg|450px]]
Admin