Configurar Samba como controlador de dominio en Mandriva

De Deseño, implantación e configuración dun dominio/rede Linux.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Definir os parámetros básicos do servidor de samba

  • Os parámetros básicos podemos establecelos con webmin, no módulo de xestión de samba (en Servidores->Compartición de archivos de Windows mediante Samba) e dentro del no apartado de Rede de Windows:


Configurar servidor samba Mandriva.jpg


  • Os datos máis importantes son:
    • Grupo de traballo: Este será o nome do dominio Windows que imos crear; neste caso OMEUDOMINIO.
    • Nome do servidor: Este é o nome que terá este equipo na rede Windows e, polo tanto, o nome do controlador do dominio.
    • Seguridade: Debe estar a Nivel de usuario.

Configuración como controlador de dominio

  • Agora estableceremos os parámetros necesarios para que o servidor de samba actúe como controlador de dominio.
  • Usaremos swat, a ferramenta web de administración propia de samba.
  • Podemos acceder a ela directamente dende o webmin:

Configurar servidor samba Mandriva-swat.jpg


  • Dentro de swat, entraremos no apartado globals (parámetros globais) e picaremos no botón Advanced para acceder á configuración avanzada do servizo:

Configurar servidor samba-swat2.jpg


  • Os parámetros importantes para configurar o controlador de dominio os atoparemos no apartado Logon options:

Configurar servidor samba-swat3.jpg


  • Deberemos cambiar os seguintes parámetros:
    • domain logons=Yes, para activar a autentificación de dominio.
    • os level=64, xa que este número indica na rede Windows o tipo de sistema operativo do equipo. Desta maneira, estámoslle dicindo ao resto dos equipos da rede Windows que este equipo é un servidor.
    • domain master=Yes, para que actúe como servidor do dominio.
    • wins support=Yes, se queremos que soporte WINS.
  • Confirmaremos os cambios picando no botón Commit Changes da parte superior da páxina.


Engadir o usuario root como usuario samba

  • Isto é necesario porque será o usuario que necesitaremos introducir cando dende o equipo cliente nos queiramos unir ao dominio. Podemos importar o usuario root dende a opción do webmin de Convertir usuarios de Unix a usuarios de samba:

Configurar servidor samba convertir usuarios.jpg

 NOTA: Para engadir o usuario root, deberemos indicar no rango de usuarios exluídos de 1 a 499, 
 xa que root é o usuario 0:

Configurar servidor samba convertir usuarios1.jpg


Crear grupo de usuarios para o dominio

  • Crearemos un grupo de usuarios Linux co mesmo nome que o dominio, que usaremos para inluír nel os usuarios que teremos que crear para representar ás máquinas do dominio:

Configurar servidor samba Mandriva Crear grupo dominio.jpg