Introdución a Linux
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Breve historia de Linux
- Linux naceu como un proxecto de Linus Torvalds, estudante da Universidade de Helsinki, inspirado noutro sistema operativo, o Minix de Andrew S. Tanenbaum.
- Está englobado dentro do proxecto GNU (GNU’s Not Unix), que ten como obxectivo o de proporcionar unha implementación do complexo sistema operativo Unix e que opere sobre as plataformas de PC.
- O código de Linux ampárase baixo os termos da licenza GPL da Free Software Foundation.
- A primeira versión oficial (0.0.2) do sistema operativo Linux ve a luz o 5 de outubro de 1991.
- O desenvolvemento e expansión do sistema operativo Linux é espectacular debido fundamentalmente á colaboración a través de Internet de diversos grupos de traballo dirixidos e coordinados por Linus Torvalds.
Características básicas
As características máis destacables de GNU/Linux, herdadas a maioría do sistema Unix, son as seguintes:
- É un sistema multitarefa, o que significa que pode executar varios programas simultaneamente.
- É un sistema multiusuario, o que significa que varias persoas poden compartir o uso do sistema ao mesmo tempo, apoiado por un sistema de seguridade robusto.
- É orientado á rede, xa que a meirande parte das características de Linux non se aproveitan nun equipo illado.
- Ofrece unha boa compatibilidade de software entre plataformas hardware.
- Soporte de múltiples sistemas de ficheiros.
- Nos seus comezos, incómodo e complexo para o usuario novel, problema superado hoxe en día.
- Contén unha colección de programas e utilidades que o acompañan, dende procesadores de textos, a compiladores, servidores, etc.
O núcleo de Linux
- O desenvolvemento das distintas versións do núcleo de Linux está coordinado por Linus Torvalds.
- Cada versión identifícase por tres números:
- O primeiro número indica o número de versión.
- O segundo número indica o nivel da versión (o nivel é estable se o número é par e inestable se é impar)
- O terceiro número indica o número de revisión.
- Polo tanto, unha versión do núcleo pode ser a 2.6.21.Podemos descargar a última versión do núcleo en www.linux.org.
- Este núcleo contén só a implementación dos servizos básicos do sistema operativo, é por iso que para poder distribuílo e instalalo é necesario acompañalo de ferramentas de instalación, configuración, utilidades, etc.
- Este traballo é realizado polas distintas empresas que realizan distribucións de Linux.