Xestión de paquetes en Mandriva

De Deseño, implantación e configuración dun dominio/rede Linux.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Logo mandriva.jpg


Mandriva Online

  • A ferramenta Mandriva Online intégrase no panel de KDE e informa cando nalgún dos repositorios de paquetes configurados no sistema aparecen actualizacións dos paquetes instalados (Hai que ter en conta que para poder descargar actualizacións previamente deberemos agregar repositorios de actualizacións no sistema).

Mandriva online.jpg

  • Picando sobre Instalar actualizacións lanzaremos a aplicación de actualización de paquetes de software que mostrará as actualizacións dispoñibles.


Mandriva actualizacions de software.jpg

  • Unha vez actualizados todos os paquetes a icona de Mandriva Online informará de que o sistema está actualizado.


O instalador de software

  • En ocasións podemos querer instalar un paquete rpm que non se atopa en ningún dos repositorios configurados e que descargamos directamente dunha páxina web.

Paquete rpm.jpg

  • Cun dobre-clic sobre o paquete descargado iniciaremos o instalador de software que nos permitirá instalar automaticamente o paquete seleccionado, sempre que estean instalados todos os paquetes dos que poida depender.

Instalador de software.jpg


O comando urpmi

  • O comando urpmi permite descargar paquetes dos repositorios e instalalos directamente.
  • Isto resulta moi cómodo ademais porque se hai algunha dependencia do paquete con outros paquetes urmpi encargarase de resolvela instalando dos repositorios os paquetes necesarios. As opcións pricipais do comando son:
    • urpme paquete: Desinstala o paquete e todos os que dependan del.
    • urpmi paquete: Instala o paquete e todos os paquetes dos que dependa.
    • urpmi.addmedia "nome_do_repositorio" URL_do_repositorio: Engade un novo respositorio no sistema coa URL indicada.
    • urpmi.removemedia "nome_do_repositorio": Quita un repositorio do sistema.
    • urpmi.update "nome_do_repositorio": Actualiza a lista de paquetes do repositorio.


O comando rpm

  • O comando rpm é a versión primitiva de urpmi, xa que non manexa repositorios e non é capaz de resolver dependencias entre paquetes.
  • Só nos servirá para instalar paquetes a partir de ficheiros rpm descargados no equipo, e en caso de que haxa dependencias sen resolver abortará a instalación do paquete.
  • As opcións principais do comando son:
    • rpm -vih ficheiro.rpm: Instala o paquete rpm indicado como parámetro, verificando que non haxa dependencias sen resolver e mostrando por pantalla o avance da instalación.
    • rpm -U ficheiro.rpm: Actualiza un paquete instalado coa versión do ficheiro rpm indicado.
    • rpm -e paquete: Desinstala o paquete indicado, sempre que non haxa paquetes que dependan del.
    • rpm -qil paquete: Mostra información dun paquete instalado, incluíndo a lista de ficheiros que o forman e a súa localización no disco.
    • rpm -qa: Mostra todos os paquetes instalados no sistema.