Diferencia entre revisiones de «Conceptos básicos para instalar Linux»

De Deseño, implantación e configuración dun dominio/rede Linux.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 11:13 8 jul 2007

Para comprender todos os pasos que debemos seguir nunha instalación de Linux, hai algúns conceptos básicos de Linux que convén coñecer:

As unidades de disco en Linux

  • En lugar de distinguir as unidades de disco, cdrom, discos extraíbles, etc. por letras (A:, C:, D:), o sistema de ficheiros de Linux contén unha única árbore que parte do directorio raíz (/) e contén todos os ficheiros e directorios do sistema.
  • Cada unidade de almacenamento do ordenador represéntase como un ficheiro especial cun nome determinado:
    • As unidades de disco e CDROM levan o nome /dev/hdaXX (ou /dev/sdaXX se son SCSI ou Serial ATA).
    • A disqueteira leva o nome /dev/fd0.
  • Polo menos unha partición será asignada ao directorio raíz.
  • O resto das particións e unidades móntanse sobre este sistema de ficheiros.


Unidades en linux.jpg

Os usuarios

  • Linux baséase nun sistema de seguridade que permite a definición de múltiples usuarios e grupos, aos cales se lles asociarán unha serie de permisos no sistema.
  • Cada usuario posúe un nome de usuario ou login e un contrasinal que lle permitirá autenticarse no sistema.
  • A cada usuario asignaráselle tamén un directorio persoal, no que por defecto só el poderá escribir.
  • Un usuario posúe un grupo principal e un número ilimitado de grupos secundarios.
  • En Linux existe sempre un usuario administrador que posúe todos os privilexios sobre o sistema: o usuario root (raíz).


Pasos básicos da instalación de Linux

O proceso de instalación de Linux varía dependendo da distribución que utilicemos. Sen embargo, podemos resumir algúns pasos fundamentais, comúns en case que calquera instalación:


  • Particionar o disco: Un dos pasos principais da instalación é seleccionar un espazo libre no disco no que instalar Linux.
    • Se non temos espazo libre no disco no que crear a partición de Linux podemos redimensionar a partición de Windows para deixar un espazo libre.
    • A operación de redimensionado da partición podería provocar perdas de datos, polo que é aconsellable facer unha copia de seguridade dos datos importantes do equipo.
    • Podemos redimensionar a partición de Windows dende o propio instalador de Linux (se a distribución o permite) ou utilizar un programa aparte, como gparted nun live cd.
    • Deberemos asignar as distintas particións que queremos facer no disco a distintos puntos de montaxe:
      • Deberemos sempre asignar unha partición ao directorio raíz (/).
      • Pode ser conveniente crear unha partición para swap.
        • A partición de intercambio ou swap é un espazo de disco que Linux utilizará como ampliación da memoria principal do equipo.
        • O tamaño que debemos asignar a esta partición depende da memoria RAM do equipo e do uso que vaiamos facer do mesmo. Como máximo, o tamaño da partición de swap será o dobre da memoria RAM do equipo.
      • Podemos asignar puntos de montaxe para as particións que xa teñamos no equipo para acceder a elas dende Linux.


  • Seleccionar os paquetes a instalar: O número de aplicacións incluídas nas distribucións é cada vez maior. Moitas distribucións agrupan as aplicacións en grupos para permitir unha selección máis sinxela.


  • Instalar os paquetes: Seguramente, a etapa máis longa da instalación.


  • Agregar usuarios: Polo menos un, e o root co seu contrasinal.


  • Instalar o xestor de arranque: O xestor de arranque permitiranos arrancar Linux tras a súa instalación e os sistemas operativos xa instalados no equipo.


  • Configurar a rede: Introduciremos os datos de rede da máquina.


  • Configurar o contorno gráfico: Dentro deste apartado incluímos a tarxeta de vídeo, de son, rato e teclado. Na maioría dos casos o programa de instalación detectará automaticamente o hardware do noso equipo, polo que seguramente apenas teñamos que facer nada.


Instalación de distintas distribucións

Instalación de Ubuntu

Instalación de Mandriva