Diferencia entre revisiones de «Pasos de instalación de Mandriva»

De Deseño, implantación e configuración dun dominio/rede Linux.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 23:38 27 jun 2007

Logo mandriva.jpg

Aquí se recollen os pasos básicos para a instalación de Mandriva:

Comezo da instalación

Na primeira pantalla da instalación podemos escoller entre distintas opcións:

Instalacion mandriva comezo.jpg

  • Arrancar do disco duro: Esta é opción por defecto, que arranca o sistema operativo por defecto no disco local do equipo.
  • Arrancar o programa de instalación do CDROM: Lanza o programa de instalación para instalar Mandriva no disco duro
  • Arrancar a consola de rescate: Lanza unha pequena aplicación en modo texto que permite realizar as operacións básicas para rescatar o equipo se non arranca:
    • Reinstalar o xestor de arranque
    • Restaurar o xestor de arranque de Windows.
    • Montar as particións de disco do equipo en /mnt.
    • Abrir unha consola de comandos.
  • Facer un test da memoria RAM do equipo.


Selección do idioma

  • O primeiro paso da instalación é a selección do idioma que se usará na instalación e por defecto no sistema cado estea instalado.
  • Poden seleccionarse varios idiomas, e así o usuario poderá seleccionar un deles cando inicie a súa sesión.

Instalacion mandriva idioma.jpg

Contrato de licenza

  • Deberemos aceptar o contrato de licenza, que basicamente informa que a maioría do software incluído está distribuído baixo a licenza GPL e que os programas desenvolvidos por Mandriva se distribúen baixo a GPL.

Instalacion mandriva licenza.jpg

Configuración do teclado

  • Neste paso seleccionamos a configuración rexional do noso teclado (Por defecto xa debería aparecer o español).

Instalacion mandriva teclado.jpg


Nivel de seguridade por defecto

  • O nivel de seguridade establece unha serie de permisos e restricións de seguridade de rede por defecto.
  • Posteriormente pode cambiarse no Centro de Control de Mandriva.

Instalacion mandriva seguridade.jpg

Particionado do disco

  • No apartado de particionado, temos dúas opcións:
    • Deixar que o instalador utilice o espazo libre do disco, no que crear unha partición para o sistema (directorio /), outra para os directorios persoais (directorio /home) e outra para swap.
    • Seleccionar manualmente as particións que se van facer no disco e os puntos de montaxe das mesmas.

Instalacion mandriva particionado.jpg


  • A ferramenta de particionado de Mandriva é moi intuitiva e permítenos facilmente crear, eliminar e modificar particións, asignar os puntos de montaxe para cada unha delas, etc.

Instalacion mandriva particionado 2.jpg

Selección dos paquetes a instalar

  • Para facilitar a selección de paquetes que queremos instalar dentro do amplo conxunto de paquetes que inclúe o DVD, o instalador organiza os paquetes en grupos temáticos segundo o obxectivo dos pogramas.
  • De todos os xeitos se queremos podemos seleccionar os paquetes de forma individual.

Instalacion mandriva seleccion paquetes.jpg


  • A continuación comeza a fase da instalación na que os paquetes seleccionados se instalan no disco duro.

Instalacion mandriva instalacion paquetes.jpg

Configuración de usuarios e modo de autentificación

  • Neste paso establecemos en primeiro lugar a clave do usuario root.
  • Podemos seleccionar o sistema de autentificación que queremos usar:
    • Arquivo local (por defecto) utiliza os ficheiros locais para autentificar aos usuarios.
    • LDAP: Autentifica aos usuarios contra un servidor LDAP.
    • NIS: Autentifica aos usuarios contra un servidor de NIS.
    • Dominio Windows: Utiliza o módulo de winbind samba para autentificarse contra un dominio Windows.
    • Active Directory: Autentifícase cun servidor de Active Directory, co protocolo LDAP ou con winbind.


Instalacion mandriva autentificacion.jpg


  • Despois podemos engadir no equipo local os usuarios que queiramos.

Instalacion mandriva autentificacion 2.jpg

Resumo e configuración final

  • No final da instalación veremos a pantalla de resumo con toda a configuración para o novo sistema.
  • É importante revisar os puntos deste resumo, sobre todo o referente á interfaz gráfica, xa que se non está ben configurado non poderemos arrancar ningunha aplicación do contorno gráfico.

Instalacion mandriva resumo.jpg


Finalizar a instalación

  • Antes de rematar definitivamente a instalación, o programa ofrécenos a opción de descargar de Internet actualizacións para o sistema.

Instalacion mandriva actualizacions.jpg


  • No último paso da instalación podemos gardar a selección de paquetes e xerar un disquete de instalación automática se queremos repetir a mesma instalación noutros equipos.

Instalacion mandriva finalizar.jpg