Diferencia entre revisiones de «Distribucións de Linux»

De Deseño, implantación e configuración dun dominio/rede Linux.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 06:30 28 jun 2007

Que é unha distribución?

  • Unha distribución de Linux contén o núcleo ou kernel do sistema xunto con todo un conxunto de utilidades e ferramentas de instalación, configuración e uso do mesmo.
  • Son realizadas por particulares, entidades ou empresas que se dedican a facer recompilacións de software que preparan para que se poidan instalar e configurar facilmente.
  • A licenza GPL permite tanto ofrecelas gratuitamente como distribuílas por canles comerciais.
  • Moitas das distribucións ofrecen unha versión estándar gratuíta que se pode descargar de Internet, e versións empresariais ou de servidor con máis ferramentas de pago coas que frecuentemente se inclúe un servizo de soporte técnico.
  • En www.linux.org pódese encontrar unha relación das distribucións de Linux existentes.

Distribucións máis populares

Entre as distribucións máis estendidas podemos destacar:

Logo redhat.jpg Esta empresa estadounidense desenvolve unha das distribucións de Linux máis utilizadas. Actualmente a versión gratuíta denomínase Fedora. www.redhat.es
Logo mandriva.jpg Distribución francesa baseada en RedHat e moi accesible para novos usuarios. Trala fusión con Conectiva cambiou o seu nome por Mandriva. Actualmente está na versión 2007, que se ofrece en distintos packs, algúns gratuítos e outros de pago www.mandriva.com/es
Logo debian.jpg Mantén totalmente o espírito GNU, desenvolvida por unha comunidade de arredor de 500 programadores repartidos por todo o mundo e repartida de forma gratuíta. É unha das distribucións máis estables. Como inconveniente, non é tan accesible para usuarios principiantes como as anteriores. www.debian.org
Logo ubuntu.jpg Distribución baseada en Debian que está gañando moita popularidade pola súa facilidade de uso e de instalación. A partir dela tamén se crearon outras distribucións específicas como xubuntu, kubuntu e edubuntu. www.ubuntu.com
Logo suse.jpg Desenvolvida pola empresa Novell Netware. Ofrece distintas versións da distribución (profesional, empresarial, etc). Actualmente Novell ofrece a con openSUSE a versión gratuíta desta distribución. es.opensuse.org

Outras distribucións

Podemos atopar distribucións para diversos obxectivos, de reducido tamaño, orientadas a servizos de rede, a xogos, etc. Algunhas interesantes:

Logo knoppix.jpg Distribución moi popular que funciona directamente dende un CD sen necesidade de instalación (CD vivo). www.knoppix-es.org
Logo gnix.jpg Distribución en galego baseada en Debian, Ubuntu e Knoppix. www.agnix.org
Logo gnulinex.jpg Baseada en Debian e desenvolvida pola Junta de Estremadura para a rede da administración e educación. www.linex.org
Logo thinstation.jpg Distribución para clientes lixeiros que permite reutilizar equipos obsoletos. thinstation.sourceforge.net