Aplicacións de usuario
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
VirtualBox
- Aplicación que serve para crear e manipular máquinas virtuais.
Instalación
- Pódese instalar dende Automatix.
- Recoméndase baixar a última versión da páxina oficial http://www.virtualbox.org/ e instalar o paquete de xeito manual.
Como clonar discos de máquinas virtuais
- Virtual Box non permite copiar discos virtuais para utilizar dende o mesmo equipo, xa que cada disco ten un identificador único.
- O seguinte comando permite clonar un disco virtual cambiándolle o identificador (neste caso clonamos o disco HD.vdi a Clon.vdi):
$ VBoxManage clonevdi HD.vdi Clon.vdi VirtualBox Command Line Management Interface Version 1.4.0 (C) 2005-2007 innotek GmbH All rights reserved. 0%...10%...20%...30%...40%...50%...60%...70%...80%...90%...100%