As variables de contorno
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
O sistema ten predefinidas unha serie de variables de contorno que establecen diversos parámetros de configuración. Algunhas variables de contorno relevantes son:
- PS1: Mensaxe do prompt (ver sintaxe no manual de bash)
- HOME: Ruta do directorio home do usuario
- PATH: Lista de rutas nas que se buscan os comandos no sistema, separadas por :
- SHELL: Ruta do shell que estamos utilizando
- DISPLAY: Consola pola que se redirixe a saída do sistema
A orde export permítenos exportar unha variable ao contorno do sistema, de forma que quedará almacenada mentres dure a sesión e poderá ser accesible dende calquera outro proceso:
export var #exporta a variable var export var2=mundo2 #asígnalle un valor á variable e a exporta