Aspectos básicos dos usuarios e grupos

De Deseño, implantación e configuración dun dominio/rede Linux.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

  • Todo usuario debe pertencer a un grupo, coñecido como grupo primario
  • Cando se dá de alta un usuario e usando os parámetros por defecto, acontecerá:
    • Carpeta personal: Crearase unha carpeta en /home co nome do usuario
    • Grupo primario: Crearase un grupo co mesmo no que o usuario e conterá ó usuario como membro.
    • Identificadores: Tanto ó usuario como ó grupo asinaráselle un numero que os identificará e distinguirá dos demais: user id (uid) e group id (gid).


  • Un usuario pode pertencer a varios grupos secundarios, pero obrigatoriamente ten que ter un grupo primario.
  • Usario root ten o identificador uid=0 e pertence a un grupo chamado root con gid=0


Ficheiros de configuración

  • /etc/passwd: contén os usuarios do sistema indicando, cal é o seu grupo primario (gid), o seu nome, o seu home, etc.

Ubuntu-Usuarios grupos 09- etc passwd.jpg


  • /etc/shadow: contén os contrasinais cifrados dos usuarios. Aquel que teña signos de adminración "!" no contrasinal, é porque aínda non ten un contrasinal.

Ubuntu-Usuarios grupos 11- etc shadow.jpg


  • /etc/group: contén os nomes dos grupos, e os usuarios que teñen a ese grupo como secundario.

Ubuntu-Usuarios grupos 10- etc group.jpg

Comandos de xestion de usuarios e grupos

  • adduser: para dar usuarios de alta.
    • adduser pepe: dá de alta o usuario pepe, crea o cartafol /home/pepe, crea un grupo primario chamado pepe e mete ó usuario pepe no grupo pepe, finalmente asínalle o primeiro uid libre ó usuario pepe e gid ó grupo pepe.
  • userdel: elimina un usuario.
  • usermod: modifica os datos do usuario.
  • groupadd: crea grupos.
  • groupdel: elimina grupos.
  • passwd: cambiar o contrasinal.