Comandos para o arranque e parada de servizos
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
- Cada servizo ofrece un script dentro do directorio /etc/init.d que permite arrancar, parar, reiniciar ou ver o estado do servizo indicando o parámetro start, stop, restart e status respectivamente, aínda que dependendo da implementación do script non sempre ofrecerán as mesmas opcións. Por exemplo, para parar, arrancar e reiniciar o webmin usaríamos:
/etc/init.d/webmin stop /etc/init.d/webmin start /etc/init.d/webmin restart
- Para indicar que servizos queremos arrancar por defecto podemos usar o comando chkconfig:
- chkconfig servizo on: Activa o servizo no arranque do sistema.
- chkconfig servizo off: Non activa o servizo no arranque.
- Por último, tamén hai servizos en Linux que se arrancan automaticamente ao recibir unha petición. Son os servizos xinetd.
- xinetd é un servizo de Linux que se encarga de arrancar programas e servizos de rede automaticamente cando se recibe algunha petición dun equipo cliente. Desta forma non se teñen que arrancar cando se arranca o equipo.
- Para funcionar como servizo xinetd, o servizo inclúe un ficheiro de configuración dentro do directorio /etc/xinetd.d que é o que utiliza xinetd para arrancar automaticamente dito servizo.
- Se queremos que o servizo non se arranque automaticamente cando se reciba unha petición, podemos facelo co comando chkconfig (chkconfig servizo off/on).