O Servidor de DNS
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Instalar o servizo
- En Linux a implementación do servidor de DNS máis utilizado é BIND (http://www.isc.org/index.pl?/sw/bind/).
- Paquetes a instalar:
- En Mandriva: bind.
- En Ubuntu: bind9, bind9-doc.
- O servizo que teremos que lanzar ten de nome named (name daemon).
- A configuración por defecto do servidor é capaz de resolver o nome das máquinas de Internet, xa que trae configurados os servidores de DNS raíz de Internet aos que consultar o nome de calquera equipo.
Configuración básica
- Usaremos o webmin para configurar os aspectos máis básicos do servidor de DNS (Servidores->Servidor de DNS BIND). En primeiro lugar, debemos modificar a configuración por defecto do módulo de DNS do webmin para que funcione correctamente. Na páxina inicial do módulo de DNS, picaremos en Configuración de módulo:
- O problema ven de que, por motivos de seguridade, o servizo de DNS execútase baixo chroot no directorio /var/named; isto significa que para o proceso de DNS ese é o directorio raíz.
- O que faremos é configurar isto correctamente no módulo do webmin, xa que o non telo ben configurado provocaría que o servidor non atoparía os ficheiros nos que se almacenan as zonas, porque as rutas que el usa non coinciden coas reais.
- Debemos deixar os parámetros como na seguinte imaxe:
- Na ferramenta de xestión de DNS do wemin, atopamos dous apartados principais:
- Opcións xerais: Neste apartado atópanse as páxinas de configuración dos parámetros de seguridade e log do servidor, transferencias e reenvíos a outros servidores de DNS, entre outros.
- Zonas de DNS existentes: Aquí podemos ver todas as zonas definidas no servidor, por defecto vemos a zona raíz que é a que almacena as direccións dos servidores raíz de Internet a zonas dos principais dominios de Internet (.com, .net, etc.).
Definir zonas de búsqueda
- Para definir unha nova zona de búsqueda faremos clic sobre a opción Crear una nueva zona maestra.
- Na seguinte páxina cubrimos os datos da zona:
- Neste caso indicamos que a zona será de reenvío (tamén chamada zona de búsqueda directa), porque o que queremos é devolver a dirección IP dos equipos a partir do seu nome (a zona inversa sería ao revés.
- Introducimos o nome de dominio da zona e o email do administrador da mesma.
Agregar equipos no servidor DNS
- Tras crear a zona, pasamos á páxina dos rexistros da zona:
- Aquí podemos ver os distintos rexistros de información que se almacena nesta zona do DNS. Cada rexistro representa un equipo do que o DNS da información, como por exemplo a súa dirección IP, aínda que pode dar outro tipo de información como se é un servidor de correo, un servidor de nomes, etc.
- Para crear un novo rexistro na zona, facemos clic sobre o tipo de rexistro que queremos crear. Se é un rexistro normal no que queremos indicar a dirección IP asociada a un nome, picaremos sobre Dirección.
- Introduciremos o nome do equipo e a dirección IP asociada:
- Agora podemos arrancar ou rearracar o servizo de DNS para activar os cambios.
Actividade: Definir un equipo no servidor DNS
1. Instala o servidor DNS e configura correctamente o módulo de webmin para poder xestionalo. 2. Crea unha zona de búsqueda directa asociada ao dominio nome_do_teu_centro.local. 3. Crea dentro da zona un rexistro no que asocies á dirección IP do servidor o nome www. 4. Configura no equipo cliente o equipo servidor como servidor de DNS. 5. Comproba que o servidor resolve correctamente os nomes dos servidores de Internet, navegando por distintas páxinas. 6. Introduce no navegador do cliente a dirección https://www.nome_do_teu_centro.local:10000 ¿Onde te estás conectando?
Reenviar peticións a outros servidores DNS
- Para rematar, é moi frecuente que nos interese redireccionar a uns servidores DNS determinados todas as peticións de nomes de Internet en lugar de dirixilos aos servidores raíz (no noso caso, aos servidores da consellería).
- Poderemos configurar esta opción picando no botón de Reenvío y transferencias:
- Na seginte páxina, indicaremos as direccións IP dos servidores de DNS aos que queremos reenviar as consultas:
Ficheiros de configuración do servidor de DNS
- O principal ficheiro de configuración do servidor de DNS é named.conf, que se atopa normalmente dentro do directorio /etc. Neste ficheiro establécense as opcións principais do servizo e a lista de zonas existentes no servidor, indicando para cada unha o ficheiro no que se almacena a información desa zona.