Diferencia entre revisiones de «Manexo de Ubuntu»
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 23:41 10 feb 2009
Instalación de Ubuntu
- Ubuntu é unha ideoloxía humanista africana, cuxo centro de antención é: as relacións interpersoais, a confianza mutua, as alianzas, etc.
- A distribución Ubuntu baséase nesa filosofía; para iso parten da distribución Debian e do escritorio GNOME, tratando de obter unha distribución amigable, de fácil instalación, multilingüe, libre, etc. Sitios oficiais de Debian e GNOME.
- Ubuntu saca unha versión cada 6 meses, estas numéranse co ano e o mes de publicación (ano.mes) e cun nome en clave. Así a versión na que se baseará este curso é a 7.04 (o nome en clave é: Feisty Fawn).
- Ubuntu para cada versión distribúese en 3 tipos de CDs (3 edicións):
- Desktop CD: é un live-cd que permite iniciar o ordenador sen tocar a configuración que xa ten. Unha vez iniciado o S.O. pódese tomar a decisión de instalalo permanentemente. Vén con aplicacións de usuario final.
- Server CD: para instalar, en modo texto, permanentemente o S.O. Vén con aplicacións de servidor.
- Alternate CD: para usuarios avanzados de Ubuntu. Para sistemas con menos de 192 MB, para realizar imaxes, actualizacións, sistemas preconfigurados, etc.
- Da distribución de Ubuntu derívanse outras 3:
Neste curso vaise realizar unha istalación dual (Micorsoft Windows XP + Ubuntu 7.04).
Pasos para a instalación de Ubuntu
Iniciar Ubuntu por vez primeira
- Partimos de que se ten un sistema dual (GNU/Linux Ubuntu 7.04 + MS Windows XP)
- Aparece unha pantalla na que escoller o SO que se desexa iniciar
- Ofrécense 4 posibilidades
- Iniciar Ubuntu de xeito normal
- Iniciar Ubuntu en modo recuperación
- Realizar un test da memoria RAM
- Iniciar MS Windows XP
- Pantalla de inicio de sesión
- Está en galego e aquelas cadeas (frases) que non están en galego aparecen en inglés. Cando se configure o idioma e se baixen tódolos paquetes de galego esta situación mellorará.
- Pódese escoller o idioma, (por agora non hai moito onde escoller)
- A sesión, o tipo de escritorio: GNOME, KDE, etc. Neste caso só se dispón de GNOME, se desexasen outros habería que instalalos. Aquí tamén permite iniciar o escritorio a proba de fallos.
- Permite: apagar, reiniciar, hibernar ou suspender o equipo.
- O escritorio
- Unha vez dentro e navegando polos menús pódese observar o bilingüismo, isto solucionarase cando se configure o idioma.
- Para o manexo do escritorio GNOME recoméndase a visión do seguinte video: http://screencasts.ubuntu.com/Installing_Ubuntu_with_Windows_Dual-Boot
Configuración da rede
- Antes de poder instalar novas aplicacións, configurar o idioma, navegar, etc, é preciso configurar as interfaces de rede.
- O CD de instalación de Ubuntu trae os paquetes xustos para varios idiomas principais e para apliacións de escritorio.
- Premer en: Sistema | Administración | Rede ou Network
- Pide contrasinal pois vaise realizar unha tarefa administrativa que afecta a todo o sistema e non só o usuario actual.
- O contrasinal que pide é o do usuario administrador que entrou no sistema.
- A seguinte pantalla amosa tódolos interfaces/tarxetas de rede do sistema. Se houbera inarámicas, estas interfaces aparecerían automaticamente.
- Por defecto as tarxetas de rede están configuradas para recibir os parámetros IP por DHCP.
- Facendo dobre clic sobre unha interface de rede pódense configurar os parámetros IP.
- En configuración ofrécense 3 posibilidades
- Zeroconf: Trata de configurar unha IP, Máscara e porta de enlace, en función dos equipos ós que estea conectado.
- IP Estática: O enderezo IP, Máscara e Porta de Enlace deben ser configurados manualmente.
- DHCP: O enderezo IP, Máscara e Porta de Enlace son proporcionados por un servidor DHCP.
Unha vez configurados os parámetros IP, premer en OK
Configuración do idioma
Ó rematar de instalar Ubuntu dende o CD, o sistema non ten tódolos paquetes do Galego, por iso é preciso baixar os paquetes restantes.
- Reiniciar o sistema ou pechar a sesión para que os cambios surtan efecto.
- Actualmente a versión de GNOME é a 2.18.1 e non está totalmente localizada ó galego, cousa que si se espera nas vindeiras versións.
- Para quen desexe colaborar na localización da vindeira versión de Ubuntu 7.10, pode colaborar en: https://translations.launchpad.net/ubuntu/gutsy/+lang/gl
- O coordinador oficial da tradución de Ubuntu ó galego é Felipe Gil.
- Pódese observar que o sistema localizado ó galego, presenta cadeas que non están traducidas ó galego e aparecen en inglés
- Isto pódese resolver, poñendo como segundo idioma o español.
O usuario escolle o idioma
- Cada usuario pode escoller, antes de inicar sesión, o idioma co que traballar, iso implica que tamén poden mudar as unidades de medida, a moeda, etc.
Configurar o español como segundo idioma
- Para realizar este proceso, pero sen usar unha terminal de comnados é preciso poder abrir ficheiros como administrador, para iso debe estar intalada a utilidade nautilus-gksu
Actualización do sistema
- Existen dúas formas de iniciar o xestor de actualizacións
No xestor de paquetes Sypnatic pódense ver os parámetros de actualización
Menus e apliacións en GNOME
- Gnome caracterízase pola simplicidade dos menús.
- A barra superior onde se atopan os menus e a inferior onde se van abrindo as aplicacións, chámanse paneis
- No menú Aplicacións atópanse as aplicacións de usuario
- En Accesorios destacar o Analizador do uso do disco
- En Internet subliñar o Cliente de servidor de Terminais
- En Oficina atópase o OpenOffice.org
- En Son e vídeo están entre outros reprodutores de películas
- No menú Lugares está todo relacionado co sistema de ficheiros
- Destacar:
- En Rede pódese navegar pola LAN, entrar en equipos, etc.
- Conectar co servidor permite conectarse ó sistema de ficheiros doutros equipos.
- No menú Sistema xestionase o equipo, periféricos, etc.
- En Preferencias destacar:
- Escritorio remoto: permite a outros usuarios conectarse a este escritorio.
- Menu principal: xestiona que elementos aparecen nos menús.
- Resolución de pantalla
- Sesións: permite indicar que aplicacións desexamos que se executen ó iniciar sesión.
- Tipo de letra: para xestionar as fontes tipográficas.
- En Sistema destacar:
- Cartafoles compartidos: para compartir cartafoles ben vía samba, ben vía nfs
- Monitor de sistema: para mirar/matar os procesos que se están a executar, uso cpu, etc.
- Xestor de controladores restrinxidos: se se precisa instalar un driver privativp
Finalmente a axuda, que estará mesturada en tres idiomas: galego, español e inglés.
Actividade: procurar axuda
- Proponse que o usuario procure na axuda: como gravar unha imaxe ISO?.
- Ollo que a axuda está en tres idiomas.
Ferramentas de xestión de paquetes
Sypnatic
- É unha ferramenta gráfica para a xestión de paquetes. Permite instalalos, actualizalos, borralos, xestionar os repositorios, etc.
- 1.- Clasificación dos paquetes en áreas
- 2.- Iconos que reflicten o estado e o tipo de paquete
Indica que o paquete está instalado. | |
Indica que o paquete NON está instalado. | |
Indica que o paquete foi compilado e testeado polos desenvolvedores de Ubuntu | |
O paquete está seleccionado para instalarse |
- 3.- Nome do paquete.
- 4.- Versión do paquete, tanto a versión instalada como a última dispoñible.
- 5.- Breve descrición do paquete.
- 6.- Descrición ampliada do paquete.
Instalación dun xestor particións: GParted
- Gparted é un editor gráfico de particións que permite crealas, borralas, redimensionalas, formatealas.
- Usarase esta aplicación como exemplo dunha instalación dun paquete.
Configuracións de Sypnatic
- Nas preferencias de Sypnatic pódense escoller, cores, columnas, modo de acceso á rede, que facer cos paquetes descargados, etc.
Repositorios
- Os repositorios son as fontes de onde se descargarán os paquetes para instalar. Existen listas de repositorios configurados por defecto, agregados polo usuario, etc. Neste apartado tamén se parametrizará a forma en que se vai actualizar o sistema.
É presiso saír e iniciar sesión en español.
Repositorios por defecto para descargar paquetes de internet. Observar os distintos tipos de repositorios: main: Software soportado por Canonical. universe:Sofware mantido pola comunidade. restricted:Drivers que non teñen publicado o código fonte (privativos). multiverse:Software afectado por cuestións legais ou (c)
Aquí pódense engadir outros repositorios. Cando se instala Automatix, vese como se engaden novos repositorios.
Actividade 1: Instalar un paquete multiverse: sun java JRE
- Proponse ó usuario que instale, facendo uso de Sypnatic, o necesario para que Mozilla-Firefox teñan o plugin de JAVA-JRE
- Compróbense que o repositorio multiverse está activado.
- Unha vez rematado o proceso comprobar en http://www.java.com/es/download/installed.jsp, que o plugin está instalado.
- As seguintes imaxes poden axudar a conducir o proceso.
Actividade 2: Instalar un paquete multiverse: Adobe Flash Player
- Proponse ó usuario que instale Adobe Flash Player, pero esta vez conectándose a unha páxina web que faga uso desa tecnoloxía, ou en http://www.macromedia.com/software/flash/about.
- Compróbese que o repositorio multiverse está activado.
- Unha vez rematado o proceso, comprobar na propia páxina que carga a animación Flash ou ver a versión en:http://www.macromedia.com/software/flash/about.
- As seguintes imaxes poden axudar a conducir o proceso.
Actividade 3: Instalar un paquete descargado de internet: Webmin
- Nesta outra ocasión, proponse ó usuario instalar un paquete descargado directamente de internet.
- Descargar o paquete .deb de http://www.webmin.com
- Facer dobre clic sobre el.
- Obsérvese como este paquete depende doutros 4 máis, que serán descargados dos repositorios correspondentes.
- Pódese observar os arquivos que inclúe o paquete.
- En Sypnatic, pódese comprobar que o paquete está instalado.
- Non é preciso iniciar o [servizo] webmin, este xa se inicia ó remate da instalación.
Actividade 4: Instalar un paquete a través de Webmin: quota
- Nesta última actividade proponse que se instale un paquete que permite controlar as cotas de disco para acada usuario.
- Aproveitando que se ten instalado o Webmin, este paquete podería ser instalado dende calquera parte do mundo.
Instalar o paquete quota co webmin
Automatix
- Automatix é unha ferramenta gráfica para xestionar a instalación das aplicacións máis usadas comunmente en distribucións baseadas en Debian.
- Descargar de http://www.getautomatix.com/ o paquete correspondete á distribución que se está a usar.
Apt
- Advanced Packed Tool é o sistema básico encargado da administración de paquetes das distribucións baseadas en Debian.
- O ficheiro /etc/apt/sources.list contén a lista dos respositorios que se viu con Synaptic
- O comando apt-get serve para a instalación, desinstalación, actualización, etc de paquetes. Só executable polo root
- apt-get install package <paquete>: instala paquetes
- apt-get update: actualiza a base de datos de paquetes en función dos repositorios dos que se dispón.
- apt-get remove package <paquete>: elimina paquetes
- ...
- O comando apt-cache serve para a consulta da base de datos de paquetes, para saber: os dispoñibles, instalados dependencias, etc. executable por calquera usuario.
- Outro comando para administración de paquetes é: dpkg
Ferramentas para o manexo de arquivos
- O xestor de arquivos por defecto en GNOME é nautilus
Como abrir documentos como root
- Hai veces nas que interesa editar arquivos/abrir cartafoles para os cales o usuario non tería permisos.
- Para solucionar ese problema pódese instalar o paquete nautilus-gksu
- Procédase como no exemplo no que se instala Gparted con Sypnatic.
Usuarios e grupos
- Nas seguintes imaxes recóllese a alta do usuario chamado xan.
Cambiar Contrasinal
- Calquera usuario pode cambiar de contrasinal facendo uso da utilidade: Sistema | Preferencias| Sobre min
Ficheiros de configuración
- Todas as altas/baixas/modificacións de usuarios e grupos quedan almacenadas nos ficheiros de usuarios e grupos.
Actividade: crear usuarios e grupos
- Proponse crear un usuario (ana) e dous grupos (asi1 e alumnos) de xeito que reflictan os ficheiros referenciados no apartado anterior.
O usuario root
- Este usuario especial non ten contrasinal, por defecto en Ubuntu, por tanto se se desexa executar algún comando dos que só el ten acceso, pódese actuar de dúas maneiras:
- Poñerlle un contrasinal a root (Sistema | administracion | Usuarios e grupos) e logo pasarse a root co comando su
- Non poñer contrasinal e antepoñer a cada comando pertencente ó dominio de root o comando sudo
- sudo ifconfig, cando pida o contrasinal introducirase o do usuario con privilexios de administración que iniciou sesión.
Imprimindo
Instalar unha impresora local ou con conexión á rede
Impresora PDF
HPLIP
- HP Linux Imaging and Printing: proxeto de HP para traballar con total funcionalidade cos seus dispositivos (impresoras e escáners) en GnU/Linux
- [HPLIP]
Compartir impresoras
- En linux compártense tódalas impresoras dun equipo
- Para que funcione ben nesta versión (7.04), é preciso modificar a liña de hosts de /etc/nsswitch.conf a: hosts: files dns mdns4
CUPs vía web
- CUPS pode ser configurado via web a través do porto 631.
Buscar drivers: linuxprinting.org
En linuxprinting.org pódense comprobar o estado no que se atopa o desenvolvemento dos drivers de cada impresora.
Actividade: Instalar os drivers dunha fotocopiadora
- Proponse buscar o driver da seguinte fotocopiadora Ricoh, Aficio MP2000 e instalalo no sistema.
Escaneando
- A utilidade que se usa para escanear é o Sane (Scaner Access Now Easy)
Particións e puntos de montaxe
- Ubuntu monta automaticamente tódalas particións do sistema así como os dispositivos que se conecten: usb, CD_ROM, etc.
Dispositivos USB e CD-ROMs
Crear novas particións
- Para xestionar as particións é preciso instalar o xestor de particións GParted
- Se se quixeran redimensionar as existentes débese iniciar co CD de Ubuntu, pois GParted non deixa traballar ata ese extremo con particións en uso.
- Para o xestor de particións premer en Sistema | Administración | Editor de particións de Gnome
Actividade: Montar particións con webmin
- Tratar de montar a partición creada no paso anterior en /mnt/linux1 facendo uso de webmin.
O ficheiro fstab
- O ficheiro /etc/fstab contén a información necesaria sobre dispositivos e os seus puntos de montaxe, para montar ó iniciar o sistema e para desmontar o apagar o sistema.
Comandos para montar e desmontar
- mount: para montar dispositivos
- mount /dev/hda3 /mnt/linux1: monta a partición 3 do disco hda no directorio /mnt/linux1
- umount: para desmontar dispositivos
- umount /dev/hda3: desmonta a partición 3 do disco hda
Compartir cartafoles
Network File System. NFS
- Paquetes NFS
- Para instalar NFS precísanse os seguintes paquetes:
- nfs-commom: paquete necesario tanto para o cliente de NFS como para o servidor de NFS.
- nfs-kernel-server: paquete necesario o servidor de NFS.
- portmap: servidor que convirte as chamadas a procedementos remotos (RPC) a número de portos TCP/UDP.
- Para instalar NFS precísanse os seguintes paquetes:
- Instalar paquetes
- Compartir carpetas
- Vista dos cartafoles compartidos
Comandos NFS
- mount: monta recursos remotos e locais en carpetas
- mount <ip ou nome>:/<recurso> /<carpeta local>
- umount: desmonta recursos remotos e dispositivos locais
Compartir vía samba
- Paquetes a instalar:
- samba: paquetes que permiten compartir carpetas e impresoras para clientes windows
- smb-client: utilidades de cliente para facer uso de recursos compartidos vía samba
- smbfs: para poder montar e desmontar recursos compartidos por samba