Manexo de Ubuntu

De Deseño, implantación e configuración dun dominio/rede Linux.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
La versión para imprimir ya no se admite y puede contener errores de representación. Actualiza los marcadores del navegador y utiliza en su lugar la función de impresión predeterminada del navegador.
Logo ubuntu.jpg

Instalación de Ubuntu

  • Ubuntu é unha ideoloxía humanista africana, cuxo centro de antención é: as relacións interpersoais, a confianza mutua, as alianzas, etc.
  • A distribución Ubuntu baséase nesa filosofía; para iso parten da distribución Debian e do escritorio GNOME, tratando de obter unha distribución amigable, de fácil instalación, multilingüe, libre, etc. Sitios oficiais de Debian e GNOME.
  • Ubuntu saca unha versión cada 6 meses, estas numéranse co ano e o mes de publicación (ano.mes) e cun nome en clave. Así a versión na que se baseará este curso é a 7.04 (o nome en clave é: Feisty Fawn).


  • Ubuntu para cada versión distribúese en 3 tipos de CDs (3 edicións):
    • Desktop CD: é un live-cd que permite iniciar o ordenador sen tocar a configuración que xa ten. Unha vez iniciado o S.O. pódese tomar a decisión de instalalo permanentemente. Vén con aplicacións de usuario final.
    • Server CD: para instalar, en modo texto, permanentemente o S.O. Vén con aplicacións de servidor.
    • Alternate CD: para usuarios avanzados de Ubuntu. Para sistemas con menos de 192 MB, para realizar imaxes, actualizacións, sistemas preconfigurados, etc.


  • Da distribución de Ubuntu derívanse outras 3:
    • Kubuntu: mesma filosofía que Ubuntu pero baseada no contorno de escritorio KDE.
    • Edubuntu: versión de ubuntu para educación.
    • Xubuntu: baseado no contorno de escritorio lixeiro Xfce

Neste curso vaise realizar unha istalación dual (Micorsoft Windows XP + Ubuntu 7.04).

Pasos para a instalación de Ubuntu

Iniciar Ubuntu por vez primeira

  • Partimos de que se ten un sistema dual (GNU/Linux Ubuntu 7.04 + MS Windows XP)
  • Aparece unha pantalla na que escoller o SO que se desexa iniciar

Inicio vez 01 -grub.jpg

  • Ofrécense 4 posibilidades
    • Iniciar Ubuntu de xeito normal
    • Iniciar Ubuntu en modo recuperación
    • Realizar un test da memoria RAM
    • Iniciar MS Windows XP


  • Pantalla de inicio de sesión
    • Está en galego e aquelas cadeas (frases) que non están en galego aparecen en inglés. Cando se configure o idioma e se baixen tódolos paquetes de galego esta situación mellorará.

Inicio vez 02- Inicio.jpg

    • Pódese escoller o idioma, (por agora non hai moito onde escoller)
    • A sesión, o tipo de escritorio: GNOME, KDE, etc. Neste caso só se dispón de GNOME, se desexasen outros habería que instalalos. Aquí tamén permite iniciar o escritorio a proba de fallos.
    • Permite: apagar, reiniciar, hibernar ou suspender o equipo.


  • O escritorio
    • Unha vez dentro e navegando polos menús pódese observar o bilingüismo, isto solucionarase cando se configure o idioma.

Inicio vez 04- rede, menu.jpg

Configuración da rede

  • Antes de poder instalar novas aplicacións, configurar o idioma, navegar, etc, é preciso configurar as interfaces de rede.
  • O CD de instalación de Ubuntu trae os paquetes xustos para varios idiomas principais e para apliacións de escritorio.
  • Premer en: Sistema | Administración | Rede ou Network

Inicio vez 04- rede, menu.jpg


  • Pide contrasinal pois vaise realizar unha tarefa administrativa que afecta a todo o sistema e non só o usuario actual.
  • O contrasinal que pide é o do usuario administrador que entrou no sistema.


  • A seguinte pantalla amosa tódolos interfaces/tarxetas de rede do sistema. Se houbera inarámicas, estas interfaces aparecerían automaticamente.
  • Por defecto as tarxetas de rede están configuradas para recibir os parámetros IP por DHCP.


  • Facendo dobre clic sobre unha interface de rede pódense configurar os parámetros IP.

Inicio vez 07- rede, alámbrica ip.jpg

  • En configuración ofrécense 3 posibilidades
    • Zeroconf: Trata de configurar unha IP, Máscara e porta de enlace, en función dos equipos ós que estea conectado.
    • IP Estática: O enderezo IP, Máscara e Porta de Enlace deben ser configurados manualmente.
    • DHCP: O enderezo IP, Máscara e Porta de Enlace son proporcionados por un servidor DHCP.

Unha vez configurados os parámetros IP, premer en OK


Configuración do idioma

Ó rematar de instalar Ubuntu dende o CD, o sistema non ten tódolos paquetes do Galego, por iso é preciso baixar os paquetes restantes.

  • Reiniciar o sistema ou pechar a sesión para que os cambios surtan efecto.
  • Actualmente a versión de GNOME é a 2.18.1 e non está totalmente localizada ó galego, cousa que si se espera nas vindeiras versións.
  • Para quen desexe colaborar na localización da vindeira versión de Ubuntu 7.10, pode colaborar en: https://translations.launchpad.net/ubuntu/gutsy/+lang/gl
  • O coordinador oficial da tradución de Ubuntu ó galego é Felipe Gil.
  • Pódese observar que o sistema localizado ó galego, presenta cadeas que non están traducidas ó galego e aparecen en inglés
  • Isto pódese resolver, poñendo como segundo idioma o español.


O usuario escolle o idioma

  • Cada usuario pode escoller, antes de inicar sesión, o idioma co que traballar, iso implica que tamén poden mudar as unidades de medida, a moeda, etc.

Configurar o español como segundo idioma

  • Para realizar este proceso, pero sen usar unha terminal de comnados é preciso poder abrir ficheiros como administrador, para iso debe estar intalada a utilidade nautilus-gksu

Actualización do sistema

  • Existen dúas formas de iniciar o xestor de actualizacións

No xestor de paquetes Sypnatic pódense ver os parámetros de actualización

Menus e apliacións en GNOME

  • Gnome caracterízase pola simplicidade dos menús.
  • A barra superior onde se atopan os menus e a inferior onde se van abrindo as aplicacións, chámanse paneis


  • No menú Aplicacións atópanse as aplicacións de usuario

Ubuntu-Menus 01- aplic accesorios.jpg

  • En Accesorios destacar o Analizador do uso do disco


Ubuntu-Menus 02- aplic internet.jpg

  • En Internet subliñar o Cliente de servidor de Terminais


Ubuntu-Menus 03- aplic oficina.jpg

  • En Oficina atópase o OpenOffice.org


Ubuntu-Menus 04- aplic son.jpg

  • En Son e vídeo están entre outros reprodutores de películas


  • No menú Lugares está todo relacionado co sistema de ficheiros

Ubuntu-Menus 05- lugares.jpg

  • Destacar:
    • En Rede pódese navegar pola LAN, entrar en equipos, etc.
    • Conectar co servidor permite conectarse ó sistema de ficheiros doutros equipos.


  • No menú Sistema xestionase o equipo, periféricos, etc.

Ubuntu-Menus 06- sist prefe.jpg

  • En Preferencias destacar:
    • Escritorio remoto: permite a outros usuarios conectarse a este escritorio.
    • Menu principal: xestiona que elementos aparecen nos menús.
    • Resolución de pantalla
    • Sesións: permite indicar que aplicacións desexamos que se executen ó iniciar sesión.
    • Tipo de letra: para xestionar as fontes tipográficas.


Ubuntu-Menus 07- sist admin.jpg

  • En Sistema destacar:
    • Cartafoles compartidos: para compartir cartafoles ben vía samba, ben vía nfs
    • Monitor de sistema: para mirar/matar os procesos que se están a executar, uso cpu, etc.
    • Xestor de controladores restrinxidos: se se precisa instalar un driver privativp


Ubuntu-Menus 08- sist axuda.jpg Finalmente a axuda, que estará mesturada en tres idiomas: galego, español e inglés.


Actividade: procurar axuda

  • Proponse que o usuario procure na axuda: como gravar unha imaxe ISO?.
    • Ollo que a axuda está en tres idiomas.

Ferramentas de xestión de paquetes

Sypnatic

  • É unha ferramenta gráfica para a xestión de paquetes. Permite instalalos, actualizalos, borralos, xestionar os repositorios, etc.

Synaptic 03 - O xestor con números.jpg

  • 1.- Clasificación dos paquetes en áreas
  • 2.- Iconos que reflicten o estado e o tipo de paquete
Synaptic 04 - Icono Instalado.jpg Indica que o paquete está instalado.
Synaptic 06 - Icono Non instalado.jpg Indica que o paquete NON está instalado.
Synaptic 05 - Icono Pakt Ubuntu.jpg Indica que o paquete foi compilado e testeado polos desenvolvedores de Ubuntu
Synaptic 09 - Instalar gparted - Icono para instalar.jpg O paquete está seleccionado para instalarse
  • 3.- Nome do paquete.
  • 4.- Versión do paquete, tanto a versión instalada como a última dispoñible.
  • 5.- Breve descrición do paquete.
  • 6.- Descrición ampliada do paquete.

Instalación dun xestor particións: GParted

  • Gparted é un editor gráfico de particións que permite crealas, borralas, redimensionalas, formatealas.
  • Usarase esta aplicación como exemplo dunha instalación dun paquete.

Configuracións de Sypnatic

  • Nas preferencias de Sypnatic pódense escoller, cores, columnas, modo de acceso á rede, que facer cos paquetes descargados, etc.

Repositorios

  • Os repositorios son as fontes de onde se descargarán os paquetes para instalar. Existen listas de repositorios configurados por defecto, agregados polo usuario, etc. Neste apartado tamén se parametrizará a forma en que se vai actualizar o sistema.

É presiso saír e iniciar sesión en español.

Actividade 1: Instalar un paquete multiverse: sun java JRE

  • Proponse ó usuario que instale, facendo uso de Sypnatic, o necesario para que Mozilla-Firefox teñan o plugin de JAVA-JRE
    • Compróbense que o repositorio multiverse está activado.
    • Unha vez rematado o proceso comprobar en http://www.java.com/es/download/installed.jsp, que o plugin está instalado.
    • As seguintes imaxes poden axudar a conducir o proceso.

Actividade 2: Instalar un paquete multiverse: Adobe Flash Player

Actividade 3: Instalar un paquete descargado de internet: Webmin

  • Nesta outra ocasión, proponse ó usuario instalar un paquete descargado directamente de internet.

Ubuntu - Webmin 01 - Instalación pkt e detalles.jpg

  • Obsérvese como este paquete depende doutros 4 máis, que serán descargados dos repositorios correspondentes.
  • Pódese observar os arquivos que inclúe o paquete.
  • En Sypnatic, pódese comprobar que o paquete está instalado.
  • Non é preciso iniciar o [servizo] webmin, este xa se inicia ó remate da instalación.

Actividade 4: Instalar un paquete a través de Webmin: quota

  • Nesta última actividade proponse que se instale un paquete que permite controlar as cotas de disco para acada usuario.
  • Aproveitando que se ten instalado o Webmin, este paquete podería ser instalado dende calquera parte do mundo.

Instalar o paquete quota co webmin

Automatix

  • Automatix é unha ferramenta gráfica para xestionar a instalación das aplicacións máis usadas comunmente en distribucións baseadas en Debian.
  • Descargar de http://www.getautomatix.com/ o paquete correspondete á distribución que se está a usar.


Apt

  • Advanced Packed Tool é o sistema básico encargado da administración de paquetes das distribucións baseadas en Debian.
  • O ficheiro /etc/apt/sources.list contén a lista dos respositorios que se viu con Synaptic
  • O comando apt-get serve para a instalación, desinstalación, actualización, etc de paquetes. Só executable polo root
    • apt-get install package <paquete>: instala paquetes
    • apt-get update: actualiza a base de datos de paquetes en función dos repositorios dos que se dispón.
    • apt-get remove package <paquete>: elimina paquetes
    • ...


  • O comando apt-cache serve para a consulta da base de datos de paquetes, para saber: os dispoñibles, instalados dependencias, etc. executable por calquera usuario.


  • Outro comando para administración de paquetes é: dpkg

Ferramentas para o manexo de arquivos

  • O xestor de arquivos por defecto en GNOME é nautilus



Como abrir documentos como root

  • Hai veces nas que interesa editar arquivos/abrir cartafoles para os cales o usuario non tería permisos.
  • Para solucionar ese problema pódese instalar o paquete nautilus-gksu
  • Procédase como no exemplo no que se instala Gparted con Sypnatic.

Usuarios e grupos

  • Nas seguintes imaxes recóllese a alta do usuario chamado xan.


Cambiar Contrasinal

  • Calquera usuario pode cambiar de contrasinal facendo uso da utilidade: Sistema | Preferencias| Sobre min

Ubuntu-Usuarios grupos 13- cambair contrasinal.jpg


Ficheiros de configuración


Actividade: crear usuarios e grupos

  • Proponse crear un usuario (ana) e dous grupos (asi1 e alumnos) de xeito que reflictan os ficheiros referenciados no apartado anterior.


O usuario root

  • Este usuario especial non ten contrasinal, por defecto en Ubuntu, por tanto se se desexa executar algún comando dos que só el ten acceso, pódese actuar de dúas maneiras:
    • Poñerlle un contrasinal a root (Sistema | administracion | Usuarios e grupos) e logo pasarse a root co comando su
    • Non poñer contrasinal e antepoñer a cada comando pertencente ó dominio de root o comando sudo
      • sudo ifconfig, cando pida o contrasinal introducirase o do usuario con privilexios de administración que iniciou sesión.

Imprimindo

Instalar unha impresora local ou con conexión á rede


Impresora PDF


HPLIP

  • HP Linux Imaging and Printing: proxeto de HP para traballar con total funcionalidade cos seus dispositivos (impresoras e escáners) en GnU/Linux
  • [HPLIP]


Compartir impresoras

  • En linux compártense tódalas impresoras dun equipo
  • Para que funcione ben nesta versión (7.04), é preciso modificar a liña de hosts de /etc/nsswitch.conf a: hosts: files dns mdns4


CUPs vía web

  • CUPS pode ser configurado via web a través do porto 631.


Buscar drivers: linuxprinting.org

En linuxprinting.org pódense comprobar o estado no que se atopa o desenvolvemento dos drivers de cada impresora.

Actividade: Instalar os drivers dunha fotocopiadora

  • Proponse buscar o driver da seguinte fotocopiadora Ricoh, Aficio MP2000 e instalalo no sistema.


Escaneando

  • A utilidade que se usa para escanear é o Sane (Scaner Access Now Easy)

Particións e puntos de montaxe

  • Ubuntu monta automaticamente tódalas particións do sistema así como os dispositivos que se conecten: usb, CD_ROM, etc.

Dispositivos USB e CD-ROMs

Crear novas particións

  • Para xestionar as particións é preciso instalar o xestor de particións GParted
  • Se se quixeran redimensionar as existentes débese iniciar co CD de Ubuntu, pois GParted non deixa traballar ata ese extremo con particións en uso.
  • Para o xestor de particións premer en Sistema | Administración | Editor de particións de Gnome


Actividade: Montar particións con webmin

  • Tratar de montar a partición creada no paso anterior en /mnt/linux1 facendo uso de webmin.

Montar partición en webmin

O ficheiro fstab

  • O ficheiro /etc/fstab contén a información necesaria sobre dispositivos e os seus puntos de montaxe, para montar ó iniciar o sistema e para desmontar o apagar o sistema.


Ubuntu-Arquivos 26- fstab.jpg

Comandos para montar e desmontar

  • mount: para montar dispositivos
    • mount /dev/hda3 /mnt/linux1: monta a partición 3 do disco hda no directorio /mnt/linux1


  • umount: para desmontar dispositivos
    • umount /dev/hda3: desmonta a partición 3 do disco hda

Compartir cartafoles

Network File System. NFS

  • Paquetes NFS
    • Para instalar NFS precísanse os seguintes paquetes:
      • nfs-commom: paquete necesario tanto para o cliente de NFS como para o servidor de NFS.
      • nfs-kernel-server: paquete necesario o servidor de NFS.
      • portmap: servidor que convirte as chamadas a procedementos remotos (RPC) a número de portos TCP/UDP.


  • Instalar paquetes


  • Compartir carpetas
  • Vista dos cartafoles compartidos


Comandos NFS

  • mount: monta recursos remotos e locais en carpetas
    • mount <ip ou nome>:/<recurso> /<carpeta local>
  • umount: desmonta recursos remotos e dispositivos locais


Compartir vía samba

  • Paquetes a instalar:
    • samba: paquetes que permiten compartir carpetas e impresoras para clientes windows
    • smb-client: utilidades de cliente para facer uso de recursos compartidos vía samba
    • smbfs: para poder montar e desmontar recursos compartidos por samba